Sello en primera página
Un viaxeiro da cidade chega a unha aldea mariñeira. É tempo de inverno e as noites son longas e frías. A taberna é o mellor refuxio contra o vento e a friaxe. Tamén é o lugar onde o protagonista escoita falar por primeira vez da ermida de Santa Catarina ou, como di o vello borracho Toxomanso, a ermida do diaño. O medo, a morte e o misterio están tamén presentes nos tres relatos que completan este libro dirixido non só aos lectores adolescentes.